Reto 05
Tui que coida
Queremos que as persoas maiores poidan permanecer autónomas, acompañadas e vinculadas á vida de Tui durante o maior tempo posible, e anticiparnos ás necesidades que aparecerán a medida que a poboación envelleza.
Proxectos
2023: centro de día e apoio ás persoas maiores.
PROXECTO 5.1
CENTRO DE DÍA
Entre vivir completamente de maneira autónoma e necesitar atención residencial existe unha etapa na que un centro de día pode marcar unha enorme diferenza.
Queremos impulsar un recurso no que as persoas poidan recibir durante o día atención, alimentación, estimulación, actividade e compañía e regresar despois á súa casa. Isto permite prolongar a permanencia no propio domicilio e ofrece tamén descanso e apoio ás familias coidadoras.
Queremos estudar a capacidade necesaria e unha localización próxima, accesible e ben comunicada antes de decidir onde debe instalarse.
Pequenas metas
- 01Dimensionar cantas persoas poderían necesitar o servizo.
- 02Definir capacidade, servizos e persoal.
- 03Estudar localizacións accesibles.
- 04Definir coa administración competente o modelo de financiamento e xestión.
- 05Desenvolver o proxecto e poñelo en funcionamento.
Permitir que máis persoas poidan continuar vivindo na súa casa durante máis tempo contando co apoio que necesitan durante o día.
PROXECTO 5.2
NECESIDADES RESIDENCIAIS
Tamén queremos saber se as prazas residenciais existentes son suficientes para a realidade actual e para a que Tui terá nos próximos anos.
Queremos partir dun estudo das necesidades residenciais para definir o recurso que precisa Tui. Queremos estudar prazas existentes, demanda, dependencia e evolución demográfica e, a partir de aí, determinar que recurso adicional necesita Tui e como conseguilo.
Pequenas metas
- 01Crear un diagnóstico actualizado da oferta e demanda residencial.
- 02Estimar as necesidades futuras.
- 03Determinar se é necesario ampliar prazas e en que dimensión.
- 04Traballar coa administración competente sobre a solución que resulte necesaria.
Planificar os recursos residenciais antes de que a falta de prazas se converta nun problema aínda maior.
PROXECTO 5.3
ENVELLECEMENTO ACTIVO E SOIDADE
Coidar comeza moito antes da dependencia. O parque activo, a actividade física, a cultura, os centros das parroquias, o transporte, o voluntariado e a convivencia interxeracional poden axudar a manter autonomía e relacións sociais.
Queremos conectar estas iniciativas nunha política de envellecemento activo coordinada e continua.
Pequenas metas
- 01Crear unha programación estable de actividade física e social.
- 02Conectar ás persoas maiores cos programas de voluntariado e convivencia interxeracional.
- 03Levar actividades tamén ás parroquias.
- 04Detectar situacións de soidade que necesiten acompañamento.
Que coidar empece moito antes da dependencia e que as persoas maiores sigan participando na vida da cidade.
PROXECTO 5.4
ACCESIBILIDADE E INCLUSIÓN
Proposta do PP para mellorar a accesibilidade do espazo público, da información e do emprego.
PROXECTO 5.5
APOIO SOCIAL · SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO
Apoio municipal á asociación SOS Tomiño Baixo Miño.
PROXECTO 5.6
CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
Impulsar en Tui un Centro de Información á Muller.