O que herdamos
O programa de 2023 xa falaba de vivenda, parroquias, cultura, coidados, emprego e participación. A súa conclusión convidaba a facer partícipes os veciños do desenvolvemento do proxecto.
O método
Unha axenda aberta de proxectos, pequenas metas e obxectivos para construír con tempo o Tui que queremos. A cidadanía pode participar no camiño e coñecer como avanzan as propostas.
O programa de 2023 xa falaba de vivenda, parroquias, cultura, coidados, emprego e participación. A súa conclusión convidaba a facer partícipes os veciños do desenvolvemento do proxecto.
Agora cada reto explica que queremos conseguir. En cada proxecto verás as pequenas metas e o obxectivo final. O seguimento dos avances e das decisións, se gobernamos, estará máis abaixo, en «Seguimento».
TUI 20.000 define que queremos conseguir; os profesionais determinarán como facelo. A nosa responsabilidade é xestionar: detectar necesidades, marcar obxectivos, buscar recursos e conseguir que os proxectos avancen. Cada actuación deberá desenvolverse cos profesionais e especialistas da materia correspondente, valorando a súa viabilidade técnica, económica, legal, ambiental ou patrimonial cando proceda. Primeiro definimos a cidade que queremos; despois estudamos con criterio a mellor maneira de construíla.
Publicaremos datos, custos, competencias e permisos con fontes cando estean contrastados. O futuro dos espazos como A Lagarteira deberá estudarse xunto coas necesidades de coidados e benestar animal, sen decidir usos incompatibles antes de tempo.
Os retos de Tui
Os retos reúnen ideas para vivir mellor en todo Tui: atopar vivenda, moverse entre as parroquias e o centro, coidar das persoas e ter máis opcións de cultura e deporte. Queremos partir das necesidades de cada lugar para que os servizos e as oportunidades cheguen a todo o municipio.
Estas dúas tarxetas son unha vista rápida: unha proposta do equipo e unha achega veciñal. Entra en cada reto para ler as fichas completas.
PARROQUIAS E CENTRO
Partir dos destinos e horarios que a veciñanza necesita para deseñar conexións útiles entre parroquias, centro e servizos.
Coñecer as propostas →Nadar durante todo o ano e completar a oferta de forza, mobilidade, pilates e actividades para persoas maiores. Un estudo da piscina e dos espazos dispoñibles axudará a escoller como facelo.
Coñecer o camiño →Transparencia
Cada proxecto di que queremos conseguir e que pequenas metas nos achegan a ese obxectivo. As decisións e os avances deberán explicarse á cidadanía.
TUI 20.000 nace tamén cun compromiso coa transparencia. Durante estes anos, desde a oposición, o noso labor foi fiscalizar, solicitar e analizar documentación, formular preguntas e levar ao Pleno aquilo que considerabamos que debía explicarse. Se a cidadanía nos dá a responsabilidade de gobernar, esta axenda converterase nunha ferramenta pública de traballo e seguimento: cada actuación mostrará en que punto se atopa e, se se atrasa, se modifica, se paraliza ou finalmente resulta inviable, explicaremos tamén o motivo. Queremos que a transparencia estea presente desde antes de empezar.
Seguimento futuro
Cada actuación terá unha ficha pública coa súa evolución: estudos, proxecto, execución e resultado. Explicaremos os cambios, os atrasos, as paralizacións e os motivos de inviabilidade.
01 · A orixe
A etiqueta azul identifica as propostas do equipo; a violeta, as achegas veciñais.
02 · O estado
Cada actuación leva a cor do estado no que está. «En seguimento» úsase cando o avance depende doutras administracións ou do equipo de goberno. O vermello indica que a actuación se parou ou se cancelou e non se pode retomar.
03 · As probas
Publicaremos datas, documentos, administracións implicadas, orzamento cando exista e motivos dos atrasos ou cambios. Unha actuación só pasará a «cumprida» cando poidamos mostrar o resultado.