Reto 10

Tui que traballa e emprende

Queremos que o crecemento de Tui xere tamén oportunidades para traballar, abrir un negocio, emprender e desenvolver unha actividade profesional aquí.

2023: comercio, mercado, emprendemento e emprego.

PROXECTO 10.1

COMERCIO E CENTRO URBANO

PROPOSTA DO EQUIPO

Un centro con máis persoas camiñando, actividades durante todo o ano, familias que pasan a tarde e novos residentes significa tamén máis oportunidades para o comercio e a hostalaría.

Queremos conectar as políticas comerciais co resto de TUI 20.000: cultura, aparcamento, mobilidade, universidade, familias e mellora do espazo público deben traballar tamén a favor da actividade económica.

Pequenas metas

  1. 01Crear un mapa actualizado de locais baleiros e zonas con menor actividade.
  2. 02Manter unha canle estable de traballo cos comerciantes.
  3. 03Facilitar a conexión entre propietarios de locais e novos proxectos.
  4. 04Coordinar programación e campañas para xerar actividade tamén nos períodos máis débiles.
  5. 05Medir o impacto das actuacións e axustalas para mellorar os resultados.
Onde queremos chegar

Conseguir un centro con máis actividade durante máis horas e máis meses do ano.

PROXECTO 10.2

EMPRENDEMENTO

PROPOSTA DO EQUIPO

Quen queira iniciar un proxecto debería contar con orientación sobre os trámites, as administracións e os recursos dispoñibles.

Queremos crear unha porta municipal clara de orientación que acompañe aos novos proxectos e os conecte con formación, financiamento, espazos e organismos especializados cando sexa necesario.

Pequenas metas

  1. 01Crear un punto único de información para novos proxectos.
  2. 02Elaborar percorridos claros segundo o tipo de actividade.
  3. 03Conectar emprendedores con recursos e programas existentes.
  4. 04Facilitar a procura de locais ou espazos cando sexa posible.
Onde queremos chegar

Facer máis sinxelo transformar unha idea empresarial ou profesional nun proxecto que poida quedar en Tui.

PROXECTO 10.3

EMPRESA, INDUSTRIA E EMPREGO

PROPOSTA DO EQUIPO

Queremos unha relación estable coas empresas para coñecer que perfís necesitan, que dificultades atopan e que necesidades comúns poden abordarse desde o Concello.

Esa información debe servir tamén para conectar empresas, persoas que buscan emprego e centros formativos, en lugar de traballar cada parte por separado.

Pequenas metas

  1. 01Crear unha canle permanente co tecido empresarial e industrial.
  2. 02Identificar os perfís profesionais máis demandados.
  3. 03Conectar esas necesidades con centros de formación e persoas que buscan emprego.
  4. 04Detectar problemas compartidos nas zonas empresariais e trasladalos á planificación municipal.
  5. 05Crear encontros directos entre empresas, formación e talento local.
Onde queremos chegar

Conectar mellor emprego, formación e empresa para que máis oportunidades profesionais poidan desenvolverse en Tui.

PROXECTO 10.4

TALENTO LOCAL

PROPOSTA DO EQUIPO

En Tui hai persoas desenvolvendo proxectos empresariais, artísticos, artesanais, culturais, creativos e profesionais que moitas veces traballan sen coñecerse entre elas nin estar conectadas coa actividade municipal.

Queremos localizar ese talento e crear unha rede que permita coñecelo, conectalo e incorporalo cando existan oportunidades de colaboración, formación, eventos ou proxectos.

Pequenas metas

  1. 01Crear un mapa voluntario de talento e proxectos locais.
  2. 02Facilitar que profesionais e empresas se coñezan.
  3. 03Incorporar talento local ás actividades municipais cando os procedementos o permitan.
  4. 04Crear encontros nos que compartir proxectos, necesidades e oportunidades.
  5. 05Dar visibilidade aos proxectos que nacen e medran en Tui.
Onde queremos chegar

Que vivir en Tui poida significar tamén atopar oportunidades para traballar, emprender e desenvolver aquí un proxecto profesional.

PROXECTO 10.5

CONCELLO EMPRENDEDOR

PROPOSTA DO EQUIPO

Impulsar a incorporación de Tui á iniciativa galega de Concellos Emprendedores, estudando os incentivos fiscais e as medidas administrativas que permitan facilitar a creación, implantación e ampliación de empresas no municipio.